Conectando Redes

A relación entre a investigación e a práctica educativa

Universidade de Santiago de Compostela

7 e 8 de xuño de 2018

Conectando Redes

Conectando Redes

A relación entre a investigación e a práctica educativa

Universidade de Santiago de Compostela

7 e 8 de xuño de 2018

Español English

O Simposio

A proposta de realizar este Simposio xorde da necesidade de visibilizar o traballo realizado en investigación educativa levado a cabo por dúas Redes de Excelencia en Educación do noso país: REUNI+D (Rede Universitaria de Investigación e Innovación Educativa) e RILME (Rede de Investigación sobre Liderado e Mellora da Educación).

O Simposio Conectando Redes pretende establecer sinerxias e contribuír a enriquecer o traballo de ambas as redes. Ten o seu antecedente no I Simposio Internacional Creando Redes, organizado por REUNI+D en 2013.

Na presente edición quérese poñer de relevo aquelas cuestións que interesan e preocupan aos grupos de investigación relacionados coa educación, as súas técnicas de investigación e o desenvolvemento do coñecemento pedagóxico. En definitiva, contribuír á mellora da visibilidade dos estudos que realizan investigadores/as e grupos de investigación do noso país.

Todos aqueles profesionais da educación preocupados pola investigación educativa están convidados a participar achegando, escoitando, impulsando, e mostrando o desenvolvemento do coñecemento educativo que cada un está a xerar. Conectando redes favorece a difusión de traballos e a súa transferencia na sociedade, e é o medio de comunicación axeitado para fomentar o coñecemento e o establecemento de novas implicacións e/ou colaboracións entre grupos.

Finalidades

Debater acerca de:

  1. como a investigación contribúe na transformación da realidade educativa
  2. como establecer conexións entre investigación/políticas e prácticas educativas

Obxectivos

  1. Indagar sobre a importancia e a necesidade de investigar en redes, e achegar criterios para mellorar a calidade, profundidade e transferencia dos resultados da investigación educativa.
  2. Revisar os principais temas e problemas de investigación abordados desde ambas redes e a súa relación coa práctica educativa.
  3. Analizar as fortalezas e debilidades da difusión, divulgación e transferencia derivados da investigación en educación.
  4. Expor o sentido dos encontros e desencontros entre a investigación, as políticas e as prácticas educativas.

As Redes

REUNI+D


REUNI+D é unha Rede de Excelencia (Rede Universitaria de Investigación e Innovación Educativa, Ministerio de Economía e Competitividade. EDU2010-12194-E, subprograma EDUC) conformada por grupos de investigación de ámbito nacional para desenvolver coñecemento e compartilo. Reúne a nove grupos de investigación no ámbito da educación e a tecnoloxía educativa de dez universidades españolas:

  • Universidade de Barcelona (Esbrina)
  • Universidade de Granada (ICUFOP)
  • Universidade de Salamanca (GITE)
  • Universidade de Estremadura (Nodo Educativo)
  • Universidade de Málaga (PROCIE)
  • Universidade de Santiago de Compostela (Stellae)
  • Universidade do País Vasco (Elkarrikertuz)
  • Universidade de La Laguna (EDULLAB)
  • Universidade de Sevilla (GIETE)
  • Universidad Complutense de Madrid (INDUC).

Ten como finalidade principal potenciar a investigación en e sobre educación, e a difusión e transferencia dos seus resultados a través de dita rede e do desenvolvemento de diferentes accións.

Máis información >

RILME


RILME é unha Rede de Excelencia (Ministerio de Economía e Competitividade Ref: EDU2015-70036- REDT) conformada por seis grupos de investigación doutras tantas universidades españolas:

  • Cambio Educativo para a Xustiza Social (GICE) da Universidade Autónoma de Madrid
  • Formación do Profesorado Centrada na Escola (FORCE) da Universidade de Granada
  • Análise de Organizacións Educativas (IDEA!) da Universidade de Sevilla
  • Grupo de investigación DOCE da Universidade de Huelva
  • Equidade e Inclusión en Educación (EIE) da Universidade de Murcia
  • Análise, Intervención e Avaliación Socioeducativa (AIES) da Universidade de Oviedo

Recentemente adheriuse o grupo Curriculum, Formación e Avaliación (CUAVAFOR) da Universidade Rovira i Virgili de Tarragona. A finalidade desta rede creada en 2012 é potenciar a investigación sobre o Liderado e a Mellora Educativa compartindo coñecemento e información así como recursos de apoio e confianza.

Máis información >

Datas importantes

15
Febreiro
2018

Límite para o envío de comunicacións

Máis información >

30
Marzo
2018

Resposta de aceptación de comunicacións

Máis información >

30
Abril
2018

Fin das inscricións a prezo reducido (early bird)

Máis información >

Liñas de traballo

Recibiranse contribucións que divulguen un traballo de investigación educativa respondendo a algunhas das seguintes cuestións:

  • Como está a contribuír a investigación á mellora das políticas e as prácticas educativas?
  • Como establecer diálogos frutíferos entre a investigación, as políticas e as prácticas educativas?
  • Cal é o estado actual da investigación difusión, divulgación e transferencia de resultados?

Estas preguntas deberán ser abordadas desde as seguintes áreas de coñecemento:

  1. Liderado e organización educativa
  2. Tecnoloxía educativa
  3. Formación do profesorado
  4. Innovación Educativa
  5. Diversidade, igualdade e inclusión educativa
  6. Educación Ambiental
  7. Avaliación Educativa
  8. Metodoloxías de investigación

Normas xerais para o envío de comunicacións

As comunicacións deberán estar relacionadas con algúns dos obxectivos do simposio.

As comunicacións que se envíen deberán ser traballos orixinais que non fosen presentados a outros congresos nin publicados noutro tipo de formato.

As propostas deberán enviarse dentro do prazo de tempo marcado e seguindo as indicacións establecidas.

Cada un dos/as autores/as non poderá enviar máis de dúas contribucións. O número máximo de asinantes por comunicación é de catro persoas.

Polo menos un autor/a que presente a comunicación deberá inscribirse nas xornadas.

Admitiranse comunicacións en galego, castelán e portugués.

Envío de comunicacións


Publicación de actas

As comunicacións presentadas incluiranse no libro de actas, que será poblicado con ISBN.


Certificados

Entragaránselle certificados tanto aos asistentes como aos/as autores/as que presenten as súas comunicacións.


Presentación de comunicacións

Daránse instrucións máis precisas  sobre as pautas de presentación 15 días antes do evento. Consutade a páxina web.

Formato das comunicacións e experiencias

Plantilla de comunicacións

As comunicacións presentaranse en formato de resumo estendido, de forma que aborde os seguintes puntos:

  • Título
  • Autor(é): Nome, apelidos, institución e correo electrónico (Número máximo de autores 4)
  • Liña temática
  • Palabras clave: entre 3 e 5
  • Resumo (máximo 300 palabras)
  • Introdución
  • Obxectivos
  • Metodoloxía
  • Resultados
  • Discusión/Conclusións
  • Agradecementos
  • Referencias

As comunicacións terán entre 2.000 e 5.000 palabras en total e as citas serán presentadas seguindo as regras de cita APA 6.

Non se permite incluír encabezamento e notas de pé de páxina

O nome do ficheiro que se cargue será o apelido primeiro autor, nome inicial e título. Todos separados por barras baixas (exemplo: Campos_A_Los excluídos do século XXI).

As marxes da comunicación serán 2,5 cm por cada lado, e interlineado 1,15 e unha fonte Calibri 12

Data de envío: ata 15 de febreiro de 2018.


Aceptación de comunicacións

As comunicacións serán avaliadas polo comité científico.

A notificación acerca da aceptación ou o rexeitamento realizarase por medio de correo electrónico ao autor/a principal. A data límite para enviar notificacións: 30 de marzo de 2018.

Xunto coa notificación poderanse engadir propostas de modificación. Data de novo envío: 10 de abril de 2018.

Inscrición Estudantes

Base

35€

25€ ata o 30 de abril

Inscribirse


Inscrición de estudante ao simposio

Visita turística

Completa

65€

55€ ata o 30 de abril

Inscribirse


Inscrición de estudante ao simposio

Visita turística

Cea

Inscrición Xeral

Base

45€

35€ ata o 30 de abril

Inscribirse


Inscrición ao simposio

Visita turística

Completa

75€

65€ ata o 30 de abril

Inscribirse


Inscrición ao simposio

Visita turística

Cea

Métodos de pagamento

Transferencia

Ingreso de rexistro en congresos

BANCO SANTANDER CENTRAL HISPANO c/c da Universidade de Santiago de Compostela nº: ES40 0049 2584 90 2214002210

Concepto de transferencia:

CONECTANDO REDES + nome e apelidos da persoa que realiza o pagamento.

Pagamento por tarxeta

O pagamento con tarxeta a través da pasarela da USC está dispoñible na seguinte ligazón:

Pagamento por tarxeta

Unha vez nesta ligazón, seleccione o seguinte concepto:

SIMPOSIO CONECTANDO REDES

Programa Provisional

7 de xuño de 2018

9:00–9:30

Entrega de material

9:30–10:00

Inauguración

10:00–11:30

Conferencia Ola Erstad

Chair da sección educativa do Scientific Advisory Commitee da Union Europea

11:30–12:00

Descanso

12:00–14:00

Comunicacións

14:00–16:00

Xantar

16:00–17:30

Mesa Redonda REUNI+D e RILME

17:30–18:00

Descanso

18:00–19:30

Espacio para o diálogo entre investigadores/as

20:00

Actividade social e cea

8 de xuño de 2018

9:30–11:00

Diálogos con...

Tema: Problemática en torno á investigación educativa en España

11:00–11:30

Descanso

11:30–13:00

Conferencia de Capitolina Díaz Martínez

Catedrática de Socioloxía na Universidade de Valencia

13:00–14:00

Clausura do simposio

Lugar

Facultade de Ciencias da Educación

Universidade de Santiago de Compostela

C/ Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n (Campus Vida)

15782 Santiago de Compostela

Aloxamento

Deixamos aquí algunhas suxestións, ordenadas de máis a menos accesibles

image

Residencia Universitaria Monte Da Condesa

Campus Vida, s/n, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña

Máis información

image

Hostal México PR

Rúa da República Arxentina, 33, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña.

Máis información

image

Hospederia Via Lucis

José María Suárez Núñez, 6, 15705 Santiago de Compostela, España

Máis información

image

Pensión Residencia Fonseca

Rúa Fonseca, 1 - Piso 2º, 15705 Santiago de Compostela, España

Máis información

image

Hotel Lux Santiago

Doutor Teixeiro, 4, 15706 Santiago de Compostela, España

Máis información

image

Hotel Eurostars Gran Hotel Santiago

Avenida Maestro Mateo, 27 Santiago De Compostela 15706 España

Máis información

image

NH Hesperia Santiago Peregrino

Avenida Rosalía de Castro, s/n, 15706 Santiago de Compostela, España

Máis información

Comité Organizador

image

Almudena Alonso Ferreiro

Universidade de Santiago de Compostela

image

Marta Camarero

Universidade Rovira i Virgili

image

Sandra Dorado Gómez

Universidade de Santiago de Compostela

image

Adriana Gewerc

Universidade de Santiago de Compostela

image

Fernando Guimaraes

Universidad do Miño

image

Nina Hidalgo

Universidade Autónoma de Madrid

image

Cynthia Martinez

Universidade Autónoma de Madrid

image

Estefanía Martínez

Universidade de Granada

image

Esther Martínez Piñeiro

Universidade de Santiago de Compostela

image

Nieves Oliva

Universidade de Sevilla

image

Virginia Rodés Paragarino

Universidade da República-Uruguay

image

Ana Rodriguez Groba

Universidade de Santiago de Compostela

image

Jesús Rodríguez Rodríguez

Universidade de Santiago de Compostela

image

Marita Sánchez Moreno

Universidade de Sevilla

image

Rosi Vicente Álvarez

Universidade de Santiago de Compostela

Comité Científico

·

Sonia Casillas Martín

Universidade de Salamanca

·

Pablo Cortés

Universidade de Málaga

·

Pilar García Rodríguez

Universidade de Huelva

·

María Teresa González González

Universidade de Murcia

·

Teresa González Ramírez

Universidade de Sevilla

·

José Miguel Gorospe Correa

Universidade do País Vasco

·

Fernando Guimaraes

Universidad do Miño

·

Victor Hernandez

Universidade de La Laguna

·

Mª José León Guerrero

Universidade de Granada

image

Mª Carmen López

Universidade de Granada

·

Julián López Yáñez

Universidade de Sevilla

·

Lourdes Montero Mesa

Universidade de Santiago de Compostela

·

Javier Murillo Torrecilla

Universidade Autónoma de Madrid

·

Juana María Tierno García

Universidade Rovira i Virgili

·

Virginia Rodés Paragarino

Universidade da República-Uruguay

·

José Luis San Fabián Maroto

Universidade de Oviedo

·

Juana M. Sancho

Universidade de Barcelona

·

Guri Skedsmo

Universidade de Oslo

·

Jesús Valverde

Universidade de Extremadura

·

José Luis Villena

Universidade de Granada

Contacto

Para calquera dúbida relacionada co simposio, pode contactar coa organización a través de